Xornalismo Irmandiño

Páxina Anterior

Escolma. Reflesións

 

m1rblancotorresreflesions.html

A Nosa Terra nº 189, A Coruña, 25 de xullo de 1923 (p. 9)*



     Non é o Día de Galicia, como coidan os vellos cazurros do rexionalismo con grelos e lacón, unha festa máis para adourar un ídolo ou un fetiche, ou, cando menos, para andar de enchente ou ceibar nun brindis, ao redor dunha caterva de parvos, un centón palabreiro de parvadas. O Día de Galicia é a evocación, a vibración das antigas arelas de liberdade —encarnadas nos nosos bardos e nas nosas xestas épicas— renovadas ao longo das centurias nos peitos fidalgos e nos nobres espritos que antes quixeran ver a súa terra trocada en "taboleiro de mercería yanqui ou en pesebre de besta xaponesa" —se a vida non tivera máis que unha representación groseiramente materialista, que humillada y envilecida, cunha resiñación propia de escravos, aos pés dunha nación decadente e baixo a pauta dun estado de salteadores con levita. Prós gallegos conscentes non hai dilema ningún entre escoller o camiño da súa dinidade, na que resoa a voz solene dos petrucios barudos, fortes aínda nas súas tumbas (¡porque os mortos mandan!), ou seguire da man da cuquería ou do cretinismo, arrastrando o autodesprecio, sin persoalidade e castrados na y-alma, afirmando a intanxibilidade dunha patria inexistente, basada nunha unidade ficticia e filla dunha ollada seminal incestuosa duns reises idiotas. Prós gallegos o ser nacionalista é xa unha custión de honore. Polo menos nacionalista, porque eu, meus amigos, non vexo para Galicia, sobre todo prá súa dinidade, máis camiño que o dun radical separatismo.


     *Este artigo publicouse en realidade sen título. O encabezamento que utilizamos corresponde ao elexido no índice da edición facsímile de ANT.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega