Eventos
17-V-2003
[ Allariz ] |
|
O Concello de Allariz
tén previsto celebrar no Día das Letras unha xornada reivindicativa en favor da
lingua galega. Entre os actos
programados figura a proxección dun video á volta de Antón
Avilés de Taramancos. Igualmente, lerase un manifesto en defensa
do noso idioma que será asinado polos colectivos da vila. A
xornada incluirá, ademais, a monstra de un milleiro de libros
galegos, un contacontos musical e a encenación de Tres
capitáns de tempos idos, do autor noiés homenaxeado este
ano.
Lugar. Casa das Letras (antiga Praza de Abastos).
Información. Concellería de Cultura - Concello de
Allariz. |
|