Eventos



5-IV-2003 e 21-VI-2003

[ Padrón ]

A Fundación Rosalía de Castro celebrará o sábado 5 de abril un acto poético en homenaxe a Antón Avilés de Taramancos baixo o nome "Avilés na Casa de Rosalía". No recital apresentarase o disco Rosalía na voz dos poetas —reeditado como tributo a Avilés de Taramancos— e participarán os poetas incluídos no gravación, como Ana Romaní, Davide Pérez Iglesias, Ánxeles Penas, Xesús Rábade, Ramiro Fonte, Helena Villar, Ramón Lourenzo e o músico Rodrigo Romaní.

O sábado 21 de xuño, ás 20 horas, serán Ana Romaní e Anxo Quintela os encargados de homenaxear ao noiés nun recital poético sob o título xenérico A voz e o Poema.



Lugar. Casa-Museo de Rosalía de Castro (A Matanza - Padrón).

Hora. 19.00 h.


© 2003 Biblioteca Virtual Galega