Eventos
14-V-2003
[ Compostela ] |
|
O Consello da Cultura
Galega apresenta un disco compacto "Homenaxe a Antón
Avilés de Taramancos", editado con motivo da
celebración do Día das Letras en que se recolle unha gravación
realizada en 1974 polo propio Avilés en Cali (Colombia) e en que o
poeta recita os seus versos, para alén de
dúas entrevistas radiofónicas realizadas na década de 80. A
continuación, terá lugar o recital "A voz e o poema. Os
periplos de Avilés de Taramancos", a cargo de Ana
Romaní e Anxo Quintela.
Lugar. Salón de Actos do Consello da Cultura Galega (Pazo de
Raxoi).
Hora. 12 h. |
|