Eventos
13 e 17-V-2003
[ Compostela ] |
|
A Escola Galega de
Administración Pública súmase á homenaxe a Avilés de
Taramancos e organiza unha mesa redonda á volta da súa vida e
obra en que poderá participar o persoal das administracións
públicas e calquera outra persoa interesada. O acto completarase
cunha viaxe cultural o Día das Letras.
Lugar. EGAP.
Información. Para coñecer o desenvolvemento da viaxe e
para todo tipo de información: Servicio de Estudios,
Investigacións e Publicacións (981 546249).
Inscrición. As solicitudes segundo o modelo oficial
que se reproduce no D.O.G. do 9 de abril de 2003 irán
dirixidas ao director da Escola Galega de Administración Pública
(rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela) e
apresentaranse antes das 10 h. do día 5 de maio no rexistro xeral
da EGAP ou por calquera das formas previstas no art. 38.4º da Lei
30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das
administracións públicas. Admitiranse igualmente inscricións
por telefax (981 546330). |
|