Eventos



19 a 23-V-2003

[ Gasteiz ]

Os lectorados de Estudios Galegos da Universidade do País Basco organizan unha exposición didáctica e un ciclo de palestras en homenaxe a Antón Avilés de Taramancos. O programa de actos é o seguinte:

Luns 19
11.00 h. María do Cebreiro: "Voces e tendencias da última poesía galega".

Martes 20
11.00 h. María do Cebreiro: "A poesía de mulleres nos anos noventa, ¿tradición ou ruptura?"
12.30 h. Recital poético de Martín Veiga e María do Cebreiro.

Mércores 21
11.00 h. Martín Veiga: "Aproximación á poesía de avangarda en Europa e Galiza".
12.30 h. Sesión de contacontos "Crónica de Avilés de Taramancos", por Avelino González.

Xoves 22
11.00 h. Martín Veiga: "Vida imaxinada e obra literaria de Antón Avilés de Taramancos".
12.30 h. Sesión audiovisual: "O regreso permanente", de Luís Avilés Baquero, e "Antón na memoria. Imaxe e palabra", montaxe fotográfica-musical de María Esteirán.

Venres 23
11.00 h. Aurora Marco: "Literatura galega de posguerra: silencio, exilio e recuperación".



Lugar. Facultade de Filoloxía.


© 2003 Biblioteca Virtual Galega