Eventos
17-V-2003
[ Noia ] |
|
Para alén dos actos
oficiais que a Real Academia Galega vai realizar en Noia con
motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a vila
acollerá outros eventos organizados polo Concello, entre os que
figuran unha ofrenda floral no cemiterio de Boa onde
descansan os restos de Avilés de Taramancos e un concerto
de Luar na Lubre en que se incluirá un recital poético en honor
do escritor homenaxeado.
Lugar. Cimeterio de Boa - Alameda.
Hora. Ofrenda floral: 19 h. Concerto-recital poético:
22.30 h. |
|