Eventos



17-V-2003

[ Outes ]

Dentro dos actos de celebración do Día das Letras, o Concello de Outes vai acoller a apresentación da edición de Pilar Sampedro do libro Tres capitáns de Tempos Idos, de Avilés de Taramancos. No acto estará presente a responsábel da edición acompañada polo director de Edicións Xerais o alcalde de Outes e o Deputado de Cultura e Deportes da Pronvicia da Coruña. A continuación, daranse a coñecer o libro dos gañadores do VI Certame Francisco Añón de Poesía e a acta do fallo do xuri da séptima edición do mesmo. Finalmente, na Horta do Muíño descubriráse unha placa —tributo do pobo ao escritor— e plantarase unha cerdeira en homenaxe a Antón Avilés. 



Lugar. Casa da Cultura.

Hora. 19.15 h.


© 2003 Biblioteca Virtual Galega