Eventos
16-V-2003
[ Noia ] |
|
Edicións Xerais de
Galicia apresenta na Casa de Cultura de Noia cinco libros, ora da
autoría de Antón Avilés de Taramancos, ora á volta da súa
figura. Trátase da reedición de Nova crónica das Indias
e Cantos caucanos; Tres capitáns de tempos idos,
única peza dramática do autor —inédita ata este ano—;
un estudio sobre a obra e a vida do poeta noiés e unha
fotobiografía. No acto estarán presentes Manuel Bragado,
director editorial, e os autores Dolores Arxóns, Xosé Lois
Agrelo, Xavier Castro, Pilar Sampedro e Salvador García Bodaño,
ademais de Santiago Avilés, fillo do poeta.
Hora. 20.30 h.
Lugar. Casa da Cultura. |
|