Se cadra, nese vento tan salgado
que vén de par do mar, doce placenta,
renazas dese sono que te ausenta
e loites coma outrora ó noso lado.
Quizais que haxa un quizais non
demorado
e volvas a esta terra onde se asenta
o teu verso de escuma e flor de menta,
o teu dicir da patria namorado.
Sexa ese o noso anceio ou profecía,
igual que cando Lela, a de Pastora,
pensaba de que a néboa te traería.
É mellor crelo así, tal que se
añora,
e sentir nos teus versos a alegría
de térmoste entre todos... como agora.
Papel de Color, Casa da Gramática nº 2, Maio 1998, Noia |