O oficio de escritor
«[…] O escritor é pois, nun país a percura de si mesmo, a conciéncia,
garda e antemural de todo o que nos é íntimo e verdadeiramente
universal. […]
Ser escritor en Galicia leva consigo non só a disciplina das letras e o
desvelar recantos de fermosura e de ética, senón tamen a disciplina
das armas. […]»
«O escritor pode ser a conciéncia dun povo que disfrute a plenitude das
suas faculdades. Mas cando ese povo é sometido secularmente, cando anda
atoutiñando para sair da escuridade é, ademáis da conciéncia, unha
ascua de luz que se alcende no rescaldo ancestral onde as sinais próprias
están limpas e se poden facer brillar diante dos ollos da memória, para
revivir con ardentia o afán que o impulsa e xustifica. […]»
«Criación Literária
e compromiso social»,
Barbanza. Especial "San Marcos 88"
Abril de 1988 |
|