Urbano Lugrís
«[…] Ninguén amaba os recantos máis íntimos e auténticos da
cidade como os amaba Urbano Lugrís. Era aterrecedor o seu coñecimento,
pedra por pedra, etapa por etapa da história e da vida daquel conxunto
ledo e acolledor que era a Coruña, os seus feitos e as suas xentes
significadas e máis as insignificantes personaxes que coma o Funga
—que vivia nunha caldeira de vapor abandoada, e ainda alugaba un anaco
a outro mendicante— andaban e deambulaban fantasmais e vivos desde a Dársena
a Riazor ou desde Monelos ao Parrote. […]»
«A contraluz. Urbano
Lugrís»,
Barbanza nº 31,
2ª-05-1989 |
|