Eventos
19-V-2004
[ Santiago de Compostela
]
|
|
A exposición "Xaquín Lorenzo Fernández
(1907-1989). Vida e obra" desenvólvese a partir do 19 de
Maio. Esta mostra, que procura homenaxear o etnógrafo ourensán
cun percorrido pola súa traxectoria vital e profesional através
de numerosos documentos e testemuños gráficos, está organizada polo Museo
Arqueolóxico Provincial de Ourense, polo Etnolóxico de Ribadavia
e mais polo Museo do Pobo Galego.
Lugar. Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela.
Hora. 19:00 h (inuguración da exposición). |
|