Eventos



14-V-2004

[
Santiago de Compostela ]

O venres 14 de Maio ás 11:00 horas no Colexio Fonseca teñen lugar dous eventos en homenaxe a Xaquín Lorenzo «Xocas». En primeiro lugar, apreséntase o volume Xaquín Lorenzo Xocas. Día das Letras Galegas 2004, coa participación do Director do Departamento de Filoloxía Galega, Ramón Mariño Paz, e da coordinadora, Rosario Álvarez Blanco. En segundo lugar, o catedrático de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Marcial Gondar Portasany, pronuncia unha conferencia intitulada De Xaquín Lorenzo á Antropoloxía Galega do mañá.


Lugar. Salón Nobre do Colexio Fonseca.

Hora.
11:00 horas.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega