Eventos
2/29-V-2004
[ Cabana
] |
|
A Concellaría de
Cultura do Concello de Cabana organiza durante o mes de Maio diferentes
actos de celebración do Día das Letras. Os eventos comezarán o domingo 2 de Maio cun percorrido pola parroquia de
Borneiro, onde Xocas participou nas excavacións do castro da
Cidá. O mesmo día, terá lugar a apresentación da obra de Ángel Eiroa Notas
etnográficas da parroquia de Borneiro. A xornada concluirá coa actuación do grupo folk Ruote que
interpretará cantigas da zona recollidas polo propio Xocas na
década de 40.
Ás 17:00 horas do día 5, no salón de Actos do
CPI As Revoltas, Clodio González Pérez ditará a conferencia intitulada Unha vida dedicada á Nosa Cultura.
Os
actos principais desenvolveranse o 16 de Maio, víspera do Día das
Letras, actos que terán como colofón un concerto en que
participará, entre outros, Mercedes Peón.
Lugar. Concello
de Cabana.
Información. 981 754020 / 981
754230 / 981 754257. |
|