Eventos
17-V-2004
[ Ourense
] |
|
Ourense é o lugar
elexido para conmemorar o Día das Letras o 17 de Maio, en
homenaxe a Xaquín Lorenzo Fernández «Xocas», segundo
confirmou o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón
Barreiro, e o alcalde da cidade, Manuel Cabezas.
Os actos comezarán cunha recepción no Concello de Ourense, para
continuar coa sesión extraordinaria e pública da Real Academia
Galega no Paraninfo do Instituto Ramón Otero
Pedrayo desta cidade. No percurso da sesión intervirá a Coral De
Ruada.
Lugar. Paraninfo I.E.S. Ramón
Otero Pedrayo (P. Feijoo 12, Ourense).
Información. I.E.S. Ramón
Otero Pedrayo. 988 220247. |
|