Eventos
10/20-V-2004
[ A Coruña
]
|
|
A Universidade da
Coruña organiza diversos eventos durante o mes de Maio con
motivo do Día das Letras. O 10 de Maio no paraninfo do Reitorado
ten lugar, como acto inagural, unha conferencia a cargo de Marcos
Valcárcel intitulada No fío da memoria; unha achega á obra e
personalidade de Xoaquín Lourenzo; unha vez finalizada, os artistas
Guadi Galego compoñente do grupo Berrogüeto,
Uxía Senlle e Pedro Pascual ofrecen un recital. Os actos continúan o xoves 13 no Salón de Actos da Facultade de
Informática, cun concerto de música clásica a cargo da
violinista Marta Vélez e a pianista Cristina Olivar. Xa pasado o
Día Letras, o 19 de Maio, entréganse os galardóns do XI Premio de Creación
Literaria e Ensaio no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía.
Para rematar estas xornadas, no Salón de Actos de
Esteiro Campus de Ferrol,
o catedrático de antropoloxía, Marcial Gondar, imparte a conferencia Xaquín
Lourenzo e a antropoloxía galega de mañá. A organización
insiste que os actos están abertos a calquera tipo de celebración
que as facultades ou asociacións de estudantes quixesen
propoñer.
Lugar. Centros da Universidade
da Coruña.
Información. 981 167000. |
|