Eventos



4/5/6-XI-2004

[ Ourense ]

No Salón Nobre do Liceo de Ourense vaise desenvolver un simposio sobre a cultura castrexa que parte da referencia que neste eido da cultura desenvolveu Xaquín Lorenzo "Xocas". Estas xornadas, organizadas polo Consello da Cultura Galega, o Museo do Pobo Galego, o Grupo Marcelo Macías, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e mais o Museo Etnolóxico de Ribadavia, tencionan levar a cabo unha reflexión sobre a cultura castrexa e a súa importancia de cara a constituír a nosa identidade máis profunda.
Para se inscribir nestas xornadas, que contan cun número de 150 prazas, pódese contactar no teléfono 988 223 884, no número de fax 988 223 701 ou a través do correo electrónico.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega