Eventos
V-2004
[ Ourense
] |
|
A Fundación Caixa
Galicia homenaxea, no seu centro de Ourense, a Xaquín Lorenzo
«Xocas». Con este motivo, organiza unha
exposición na Aula Sociocultural, coordenada por Xosé Arturo Fernández discípulo de
Xocas, que inclúe diferente material etnográfico orixinal ou
reproducións do mesmo. A
exposición permanecerá aberta desde o luns 3 ao xoves 27 de Maio en
horario de 17:00 a 21:00 horas.
Para alén da exposición, a Fundación organiza dúas conferencias,
que se celebrarán na Aula ás 20:00 horas. A primeira, Nas orixes do
cristianismo. Xaquín Lorenzo e o monumento soterrado de Augas
Santas. Coincidencias e diferenzas, estará a cargo de
Antonio Rodríguez Colmenero e terá lugar o 4 de Maio. O martes 18,
Pedro Llano falará sobre Arquitectura anónima como
referente dun novo futuro.
Lugar. Aula Sociocultural
Caixa Galicia (Ourense).
Información. Fundación
Caixa Galicia. |
|