Eventos
8/20-V-2004
[ Cee
] |
|
O Concello de Cee
organiza unha serie de eventos para conmemorar o Día das Letras
adicado neste ano a Xaquín Lorenzo «Xocas». O actos comezan o
sábado 8 de Maio coa representación por parte de Producións
Librescena d'As obras completas de William Shakespeare
(abreviadas) ás 21:00 horas. Para continuar, o venres 14
proxéctase o documental dirixido aos alumnos de primaria A
aldea, o antigo e o novo, guiada polo técnico Vítor
Castiñeira e a colaboración do Centro Galego das Artes da Imaxe.
O domingo 16 inaugúrase unha exposición onde se poden observar os
traballos apresentados ao concurso de fotografías e pintura,
convocado pola Delegación de Cultura e Deporte. Ese mesmo día,
ás 21:00 horas, Teatro do Atlántico encena a obra Ecos e
voces dun tempo e dun país. O día 17 a Banda da Escola de
Música Municipal de Cee ofrece un concerto acompañada polo
Orfeón Ceense. Así mesmo un día despois entreganse os premios
do concurso do achegamento ao libro que organiza a Biblioteca
Municipal e esa noite a formación Campo de Estrelas dará un
concerto de música clásica. Para concluir, o xoves 20, vólvese
a proxectar o documental sobre a aldea e o sábado 29, cerrando os
actos, Teatro do Morcego pon en escea O caso da rúa Lourcine.
Lugar. Salón de actos do
Concello de Cee.
Información. 981 745
100 (Concello). |
|