Eventos



17-V-2004

[
Poio ]

O Concello de Poio únese á celebración no Día das Letras organizando unha conferencia, de David Otero, á volta da figura de Xaquín Lorenzo «Xocas». Previamente á charla, entregaranse os premios literarios Xaime Isla Couto, convocados polo concello anualmente. Nesta ocasión o acto celebrarase nos locais da confraría de mariñeiros de Raxó ás 17:00 horas.


Lugar. Confraría de Mariñeiros de Raxó.

Hora.
17:00 h

© 2004 Biblioteca Virtual Galega