Eventos
10-V-2004
[ A Coruña
] |
|
O etnógrafo e biógrafo
de Xaquín Lorenzo «Xocas», Clodio González
Pérez, ditará o día 10 de Maio unha conferencia sobre a vida do estudioso ourensán.
O acto, que terá lugar na Biblioteca Municipal de Estudos Locais
ás 20:00 horas, figura dentro da programación desenvolvida por
esta institución con motivo do Día das Letras.
Lugar. Biblioteca Municipal de
Estudos Locais (Durán Loriga, 10).
Hora. 20:00
horas.
Información. Concello
da Coruña / BMEL 981 184386 Bestudiosl@aytolacoruna.es. |
|