Eventos
13-V-2004
[ A Coruña
] |
|
A Biblioteca Municipal
Fórum Metropolitano da Coruña adica, dentro da actividade de
contacontos Os nosos contos, unha sesión extraordinaria o
xoves 13 de Maio en homenaxe a «Xocas». Nesta ocasión darase
lectura ao conto Xanardán e a becha; trátase dunha
adaptación dun dos dous contos populares recollidos polo propio
Xaquín Lorenzo e vai dirixido a nenos entre 3 e 7 anos.
Lugar. Sala
Infantil da Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (Río Monelos,
1 - A Coruña).
Hora. 18:30
h
Información. 981 184298 / bforum@aytolacoruna.es. |
|