Eventos
15-V-2004
[ Ourense
] |
|
Na Praza Maior de
Ourense celébrase o sábado 15 de Maio un festival de corais para
homeaxear a Xaquín Lorenzo «Xocas» organizado polo Grupo Vocal
da Asociación Cultural e de Lecer Foula. Cada coral terá que
interpretar unha canción tradicional galega e, finalmente, en
conxunto, a cantiga «Redonda de Lobeira», recollida polo propio
homeaxeado e transmitida a Escola de Baile Tradicional da Excma.
Deputacion de Ourense. Esta Escola será a encargada de
interpretar a cantiga, así como de ensinar a todas aquelas
persoas que quiseren participar na danza, para o que se formarán
talleres de aprendizaxe.
Lugar. Praza Maior (Ourense).
Información. Asociación
Cultural Foula. Cuartel de San Francisco. Ourense |
|