Eventos
16-IV-2004
[ Boiro
] |
|
A Asociación Artesanal
e Etnográfica O Faiado organiza unha exposición na súa
galería, a partir do venres 16 de Abril, denominada «Os
Oficios». Trátase dunha exposición, dirixida por Luisa López,
de diferentes apeiros, ferramentas e obxectos das profesións
representativas da terra do Barbanza. O colectivo quere así
homenaxear a Xaquín Lorenzo «Xocas», quen realizou
investigacións etnográficas nesta comarca, no ano en que se lle
adica o Día das Letras.
Lugar. Galería O Faiado (Boiro). |
|