Eventos
18-V-2004
[ Santiago de Compostela
] |
|
O Museo do Pobo Galego
inagura unha exposición que, sob o título Enredos e ixolas,
recolle unha mostra de arredor de 150 xoguetes tradicionais feitos con
materiais como madeira, canas, follato de millo ou follas de carballo, todos eles
pertencentes aos séculos XIX e XX. Os fondos proceden do Museo e
de diferentes aportacións persoais como as de Xosé López
González ou Xosé Manuel García, englobándose esta mostra dentro das diferentes
actividades organizadas polo Museo do Pobo Galego para homenaxear
a Xaquín Lorenzo «Xocas» e descubrir o seu labor científico.
Lugar. Museo do Pobo Galego (San
Domingos de Bonaval).
Horarios de Apertura.
De terza a sábado de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.
Domingos e feriados de 11 a 14 horas.
Información. Museo
do Pobo Galego 981 583620 / museodopobo@interbook.net. |
|