Eventos
27-IV/13-V-2004
[ Santiago de Compostela
] |
|
O Centro Galego de Artes
da Imaxe e o Museo do Pobo Galego organizan, nas instalacións
deste último, unha exposición fotográfica e cinematográfica
entre os días 27 de Abril e 13 de Maio intitulada O carro e o
home. O cine de Antonio Román e Xaquín Lorenzo. A
exposición mostra fotografías vangardistas xunto con outras
puramente etnográficas, focando a imaxe do carro e do home,
realizadas polo propio Xocas ou por outros personaxes como José
Suárez, Augusto Pacheco ou Carlos Velo. O núcleo principal da
exposición é a proxección da película documental O carro e
o home que filmou o homenaxeado coa axuda de Antonio Román en
1940. O material exposto forma parte da colección do Museo do
Pobo Galego e do CGAI e de aportación particulares.
Lugar. Museo do Pobo Galego
(San Domingos de Bonaval, 2)
Horarios.
De Terza a Sábado de 10 -14 e 16 -20
horas.
Domingos e feriados de 11 -14 horas.
Información. Museo
do Pobo Galego 981 583 620. |
|