Eventos
10/26-V-2004
[ Pontedeume
] |
|
O Concello de Pontedeume
abre, o luns 10 de Maio, os actos do Día das Letras cunha
exposición que recolle a traxectoria de Xaquín Lorenzo «Xocas»,
baixo o título Unha vida en datas. O día 11 ás 18:30
celebrase unha sesión de contacontos da editorial Kalandraka, a
cargo de Olalla Fernández. Para rematar os actos Clodio González
Pérez comenta a súa biografía sobre Xocas.
Lugar. Biblioteca Municipal de
Pontedeume.
Información. Concello de
Pontedeume (Rúa Real, 17) 981 433054. |
|