Eventos



25/26/27-XI-2004

[ Santiago ]

En colaboración co Consello da Cultura e os Museos Arqueolóxico de Ourense e Etnográfico de Ribadavia, o Museo do Pobo Galego organiza en Santiago un simposio de antropoloxía sob o título 'Lembrando a don Xaquín Lorenzo', que se levará a cabo entre os días 25 e 27 de Novembro no centro organizador.
O obxectivo deste encontro é dar continuidade ao labor desenvolvido por etnógrafos como Xaquín Lorenzo e os homes do Seminario de Estudos Galegos.
Os poñentes do simposio son recoñecidos especialistas internacionais en Antropoloxía.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega