Eventos
14-V-2004
[ Ponferrada
] |
|
A Asociación Cultural
Fala Ceibe organiza una serie de actos para conmemorar o Día das
Letras. Estes comezarán o venres 14 de Maio na Casa da Cultura do
Concello de Ponferrada cunha proxección de transparencias sobre a
cultura galega. O domingo 16 a partir das 11:00 horas realizarase
un coloquio na radio local, Onda Bierzo (101.6 FM), coa presenza
de membros da comunidade escolar galega no Berzo. Finalmente o
Día das Letras no edificio da Obra social de Caja España faranse
dúas proxeccións cinematográficas, ás 10:30 unha longametraxe
infantil, e á tarde as curtametraxes O prezo da dote e Vida
e obra de A. Avilés de Taramancos de Chus Domínguez.
Fala Ceibe aceita as diferentes propostas dos mestres de galego
dos centros e anímaos a aproveitaren esta celebración para
potenciar o galego nesta comarca.
Lugar. Casa da Cultura.
Concello de Ponferrada.
Edificio Obra Social Caja España.
Información. Asociación
Cultural Fala Ceibe 655 140651. |
|