Eventos



27/10 a 6/11 de 2004

[ Ourense ]

Entre os días 27 de outubro e 6 de novembro poderá ser visitada no Salón Nobre do Liceo de Ourense a exposición «D. Xaquín Lorenzo: o fotógrafo», mostra comisariada por Tomás Vega Pato que permite descobrir unha faciana pouco coñecida da personalidade do homenaxeado coas Letras Galegas 2004, a do ensaio sobre a fotografía.
O acto inaugural terá lugar ás 19.30 horas e nel intervirán Afonso Zulueta de Haz, presidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Fariña Busto, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e coordenador da Sección de Antropoloxía do CCG, e Xosé Carlos Martínez Pedrayo, presidente do Liceo.
A exposición, itinerante, continuará o seu percorrido pola Fundación Wenceslao Fernández Flórez e o Concello de Cambre.

© 2004 Biblioteca Virtual Galega