Eventos
2004
[ Santiago de Compostela ] |
|
Os colexios de Santiago
poderán coñecer mellor o concepto de antropoloxía e as súas
posibilidades a través dun novo programa didáctico que ofrece o
Departamento Municipal de Educación en colaboración con Agantro
(Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural).
Nos centros distribuirase unha unidade didáctica e ofrecerase aos
asistentes unha charla, alén de apresentarse outras publicacións
e actividades relacionadas co tema.
Neste encontro terá especial interese a figura de Xocas, posto
que está considerado como un dos iniciadores da investigación
antropolóxica na Galiza.
Por outra parte, o Concello de Santiago mantén a oferta da
exposición itinerante 'Os traballos de Xocas', composta por
dezasete paineis, cos que se pretende un achegamento ao autor. |
|