Eventos
6-V-2004
[ Santiago de Compostela
] |
|
A Sección de Literatura
e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega escolleu
como tema da súa tertulia literaria mensual O significado do
Día das Letras Galegas. Esta xuntanza, moderada polo editor
da Sección de Literatura do CCG, Miguel Anxo Fernán-Vello, conta
coa participación de Carlos Negro, escritor e secretario da
Asociación de Escritores en Lingua Galega, Xosé Antón Pedreira,
libreiro e presidente da Agrupación de Libreiros de Santiago, e
Pilar Sampedro, presidenta de GALIX. O acto ten lugar na
biblioteca do CCG, no Pazo de Raxoi.
Lugar. Pazo de Raxoi (2 andar).
Hora. 17:00
horas.
Información. Consello
da Cultura Galega. 981 957202. |
|