Eventos
22-III-2004
[ Cercedo ]
|
|
O luns 22 de Marzo ás
11:30 no Concello de Ourense apreséntase a obra Xoaquín
Lorenzo. Vida e obra, de Marcos Valcárcel, editada por
Edicións Xerais de Galicia, coa presenza do alcalde de Ourense,
Manuel Cabezas Enríquez, o director xeral da editorial, Manuel
Bragado Rodríguez, e o propio autor. Trátase dunha biografía
que se centra por un lado nos seus estudos etnográficos e
arqueolóxicos, os seus traballos culturais ou sobre a lingua
galega. E por outro lado, visa recoller a personalidade de
Xaquín Lorenzo «Xocas», destacando o seu pensamento galeguista.
Para a realización da obra o autor invertiu perto de seis meses
en recadar os datos precisos para achegar máis a figura do
homenaxado no Día das Letras Galegas 2004 ao gran público.
Lugar. Concello de Ourense.
(Praza Maior, 1. Ourense).
Hora. 11.30 h.
Información. Edicións
Xerais. 986 214888 / 214880.
Concello de Ourense. 988 388100. |
|