Eventos
23/26/28-X-2004
[ Ourense ] |
|
A Sección de Arte e
Historia do Concello de Ourense organiza a partir do día 23 de
Outubro unhas xornadas en lembranza de Xaquín Lorenzo
"Xocas". O sábado, día 23, celebrarase unha romería
no santuario da Virxe do Viso e unha comida de confraternidade en
Bande. Pola tarde os participantes poderán asistir a un recital
poético e musical en casa do escritor en Facós.
As actividades continuarán o día 26 no Liceo cunha mesa redonda
sobre a vida e obra de Xaquín Lorenzo, en que intervirán
Francisco Fariña, Afonso Monxardín, Delfín Caseiro e Marcos
Valcárcel.
O último día, o 28, levarase a cabo unha conferencia sobre
Xocas: o home e o crente, a cargo de Serafín Marqué Gil. |
|