A alimentación
«Fácilmente se enxerga que, estando a alimentación
cinguida ós produtos da terra, tén que variar duns sitios a outros, non podendo ser
igual o xantar do home da mariña que o do interior, nin o do val coma o da montana.
Non embargantes, a mesma unidade xeográfica da nosa Terra dá un caracter común, que
permete difrenciala doutras, á alimentación dos poboadores da Galiza.»
«A mantenza», en Os Oficios, pp. 289-290. |
«Ó falar dos cultivos dise que son tres os graus que eiquí temos pra faguer pan:
o millo, que é o máis corrente, o centeo, propio das comarcas outas, e o trigo, de producción
moi limitada, sendo os fundamentás os dous primeiros.»
|
«O pan», en Os Oficios, p. 290. |
«Normalmente, o campesiño fai no día tres comidas: almorzo, xantar e
cea, mais nos tempos de traballo, especialmente no vran, engade outras dúas: a parva e a merenda.»
|
«Comidas», en Os Oficios, p. 310. |
|
«O elemento fundamental do xantar é o caldo, comido en cunca, que uns
consomen ó comenzo e outros ó remate do xantar. Polo xeral tómase con pan de millo migado nil.
O caldo faise nun pote grande de ferro, que se enche de auga e na que se botan fabas; fáiselle lume
e tense a ferver durante hora e meia; ó comenzar a ferver, engádeselle unto de porco; pasada a hora e
meia, engádenselle, nabizas, nabos, grelos, xudías e berza galega, ben lavadas e pitadas;
no mesmo intre pónselle tamén patacas en anacos miudos e bótaselle o sal que precise. Son moitos os
que o espesan esmigallando algunhas patacas e xudías co unto cando están ben cocidas ou engadíndolle
unha presa de fariña milla.»
«O caldo», en Os Oficios, pp. 312-313. |
|
«Base de todo xantar na Galiza, compremento de tódolos pratos, e, ás
veces, sustitutivo do pan, son as patacas. Non embargantes, é un alimento novo, que moi aixiña se
popularizóu e que, se dúbida, ven ocupal-o posto doutro ou doutros, seguramente dos nabos e das
castañas.»
«Patacas», en Os Oficios, pp. 322. |
|