Letras Galegas 2004 Voltar atrás |
Castelao A relación entre Otero e Castelao foi sempre moi cordial. Cordial porque Castelao facia-se querer de todo o mundo. Era tan bó, era tan aberto, era un home... en fin. Eu tratei mais aos de Ourense, pero tamén tratei a Castelao, sobre todo por correspondéncia e nas épocas que estiven nas xeiras do Seminário de Estudos Galegos polas terras do Deza. [...] Pois ben, estes homes, apesar da confianza que tiñan comigo tratabanme, sempre de vostede. Risco chamaba-me «Don Xocas», en ton familiar e bromista. «Don Xocas», si... Cuevillas e Otero chamaban-me «Xocas» pero de vostede. Eu desde logo trataba-os de vostede tamén. En cambio Castelao, desde o primeiro momento en que me puxen en contacto con el tratou-me de «tú», e eu a el tamén de «tú». Esto non quere decir, que tivese mais confianza con uns que con outros. Era unha cousa de hábito. [...] Decia-me nunha ocasión Castelao, e creo que está escrito nalgún sitio, decia-me, aló polo 1936, antes de estoupar a guerra: «Mira, Xocas, eu só teño medo de morrer fora de Galiza, porque eu quería que o meu corpo fose Terra de Galiza, e os meus osos penedos nos nosos montes». Para min é esto en realidade a verdadeira definición de saudade.
|
© 2004 Biblioteca Virtual Galega |