Letras Galegas 2004 Voltar atrás |
O gado «Nos nosos días ten aínda o gado unha gran importancia en Galicia e son moitos os lugares que viven fundamentalmente do seu coidado. O conxunto dos animais que viven a carón do home, dependendo del, é coñecido co nome de facenda, sendo curioso o feito de que este nome non se aplica ás demais cousas de que é propietario o campesiño senón únicamente ós animais.»
|
|||||
«As vacas e os bois son, sen dúbida, a base da economía dos nosos campesiños até o punto de calcularen a súa riqueza polo número de bois e vacas de que son donos. A xente do campo sente especial afeizón por estes animais, non só pola utilidade senón tamén pola súa nobreza, xa que son quizais os máis mansos que cría á súa beira. Este gado é vello entre nós: segundo a testemuña dos clásicos, xa rendía os seus produtos ós habitadores dos castros e, de feito, téñense atopado nas citanias pezas da súa dentamia.»
|
© 2004 Biblioteca Virtual Galega |