O camiño
«Os campesiños de Galicia teñen máis dor da
súa facenda ca de si mesmos; de ahí, e trátase dun fenómeno xeral
nos pobos pastores, que os mellores camiños son os feitos con
intención de dar paso ó gado.
Cando un campesiño vai a algures, aproveita, como é
lóxico, o camiño; mais se este dá algún rodeo, axiña o deixa e bota
polo monte en procura de atallar; indo co seu gado, non o fai
endexamais, senón que segue por onde lle sexa ó gado máis xeitoso o
camiño.»
«O camiño», en A
Terra, p. 291. |
«O nome de camiño é o mesmo có de vieiro;
pódense aplicar indistintamente, o mesmo que ocorre con verea,
no que é preciso advertir que non ten o mesmo significado có
castelán vereda. Os nomes de Camiño, Vieiro e Verea vense
aplicados a moitos lugares.»
|
«O camiño», en A
Terra, p. 293. |
«A estrada trouxo ó noso campo os modos de
vivir da cidade, a través da vila, e marcou nas casas un sinal
característico que lles deu un aspecto híbrido, mistura do campo
»
|
«A casa actual», en A
Casa, p. 113. |
|