Eventos
2005
[
Galiza
] |
|
A Consellaría de
Cultura acordou declarar o 2005 ano Lorenzo Varela, motivo polo
que conmina as institucións públicas, centros de ensino,
asociacións e bibliotecas do país a sumarse á homenaxe ao
escritor ao que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras.
Con esta intención, o Goberno Galego decidiu acuñar trescentos
exemplares numerados dunha peza conmemorativa en que se recollerá
a imaxe do intelectual do exilio. |
|