Eventos
17-V-2005
[ Cacabelos
] |
|
O concello
de Cacabelos ten programados unha serie de actos para o Día das
Letras que teñen como obxectivo homenaxear a figura de Lorenzo
Varela e reivindicar a lingua galega no Bierzo. A celebración
comezará ás 13 horas coa lectura de poemas ao pé da tumba do
poeta Antonio Fernández Morales autor de Ensayos galegos en
dialecto berciano (1861) e continuará unha hora despois no
Restaurante Apóstol, onde se apresentará un mapa dos territorios
bercianos de fala e cultura galega da autoría de Moncho Pais e
terá lugar o IV Banquete de Cacabelos
|
|