Eventos
8-III-2005
[ Santiago de
Compostela
] |
|
A Galería
Sargadelos de Santiago de Compostela acolleu a apresentación
oficial da comisión encargada de confeccionar o programa de
homenaxe a Lorenzo Varela e que está integrada polos académicos
Xosé Luís Axeitos e Xesús Alonso Montero, o investigador
Gregorio Ferreiro Fente, o xornalista e biógrafo do escritor
Fernando Salgado, o alcalde de Monterroso Antonio Gato e Isaac
Díaz Pardo, envolveito desde hai anos na recuperación da memoria
colectiva do exilio galego.
No mesmo acto deuse a coñecer a edición facsimilar de Catro
poemas galegos, que reproduce a realizada en Bos Aires en 1951
pola Editorial Argentina de Música. A publicación inclúe
gravuras de Luís Seoane e a partitura para os poemas que fixera
Julián Bautista estreada en Amsterdam en 1948 e aínda
inédita en Galiza, así como unha tradución para o inglés
realizada por William Shand.
|
|