Eventos
10-V-2005
[ Madrid
] |
|
O lectorado
de Galego e a sección de Filoloxía Románica da Universidade
Complutense de Madrid organizan, en colaboración coa Galería
Sargadelos de Madrid e a Dirección Xeral de Promoción Cultural
da Xunta de Galiza, un programa de actos con motivo do Día das
Letras. A celebración comezará ás 11 horas coa conferencia de
Vítor F. Freixanes "Lingua e cultura galega nos desafíos do
novo milenio" e continuará ás 12.30 horas coa actuación do
grupo de teatro Teatroula, que porá en escena Parellas e
outros problemas.
Lugar. Salón de Graos e
Paraninfo da Facultade de Filoloxía (predio A), na Cidade
Universitaria (Madrid).
|
|