Eventos
28/30-IV-2005
[ Monterroso
]
 |
|
Unha
vintena de ponentes analisarán a figura e a obra de Lorenzo
Varela nun Congreso que terá lugar na Casa da Cultura de Monterroso os días 28, 29
e 30 de Abril. O encontro, organizado pola Consellaría de Cultura
dentro dos actos de homenaxe á figura central do Día das Letras
2005, sera inaugurado ás 16.30 horas do día 28 por Xesús Alonso
Montero, que ditara a conferencia O 25 de agosto de 1944, o
poeta republicano galego Lorenzo Varela, exiliado en Buenos Aires,
chanta a bandeira das esperanzas nas rúas de París e nun monte
de Monterroso. A seguir, Carlos López disertará sobre a arte
na produción de Varela e Pablo Quintá fará outro tanto sobre o
seu labor poético. O día 29 intervirán Xosé Ramón López, cunha
ponencia sobre a obra ensaística de Lorenzo Varela no exilio, e
Daniel Salgado, Xosé Antonio Ponte Far e Carme Blanco, que
disertarán respectivamente sobre Correo Literario, A tertulia
do café Tortoni e Mulleres memorables na poesía de Lorenzo
Varela. Na tarde dese día, tocaralles o turno a David Otero (Na
esperanza de mans non cegas), Fernando Salgado (De mar a
mar: entre o berce e o exilio) e Xosé Luis Axeitos (Lorenzo
Varela no exilio). A sesión vespertina concluirá cunha mesa
redonda en que tomarán parte Isaac Día Pardo, Neira Vilas, Inés
Canosa e Fernando Scornik. A última xornada do Concreso contará
coa participación de Alfonso Vázquez Monxardín, Xosé Ramón
Brea, Gregorio Ferreiro e Xosé Anxo García.
Programa completo
en pdf. Páxina
oficial.
Inscrición. Páxina
web do Congreso.
Información. 981 544882 / 981
957023.
|
|