Eventos
17-V-2005
[ A Coruña
] |
|
A
Asociación de Veciños da Cidade Vella - María Pita preparou
para o Día das Letras a segunda edición dun percorrido popular
polas rúas do barrio en que se lembran os ilustres artistas e
galeguistas que moraron na Cidade Vella coruñesa. O acto,
organizado en colaboración coa Real Academia Galega e o Concello
da Coruña e ao que están convidados todos os cidadáns que
quixeren tomar parte, contará coa participación de diversos
representantes da cultura galega.
Hora. A partir das 11.45.
Lugar. Partirase da praza de
María Pita
|
|