Eventos
14-V-2005
[ Compostela
] |
|
A
Associaçom Cultural A Gentalha do Pichel organiza a segunda
edición da "Festa do Dezassete (que se fai o 14)" para
celebrar o Día das Letras. Entre os actos programados figuran o
teatro (ás 17 horas encenará a súa montaxe o Grupo de Teatro
Feminista da Assembleia de Mulheres do Local Social A Esmorga), a
música (A Quadrilha da Morala, o Grupo de Gaitas de Brincadeira e
A Requinta da Laxeira amenizarán a festa desde as 18 horas) e
unha foliada (en que participarán Quarteto da Gentalha, Os
Estalotes e Baralhete). Porén, o acto central da Festa terá
lugar a partir das 20 horas, momento en que dará comeza o
"Concerto pola Língua", con actuacións musicais dos
grupos Os Tres Trebóns, Skacha e Lamatumbá.
Hora.
A partir das 17 horas.
Lugar. Praza de Mazarelos.
|
|