Eventos
21-IV-2005
[ Barcelona
] |
|
A Galería
de Sargadelos de Barcelona ten previsto celebrar unha táboa
redonda sobre Lorenzo Varela. O acto, programado para o día 21 de
Abril, quinta feira, ás 19.30 horas, contará coa participación
de Fernando Salgado, Isaac Díaz Pardo e José Ramón López e nel
se apresentarán dúas novidades editoriais que teñen como
protagonista ao homenaxeado no Día das Letras 2005: Lorenzo
Varela: A voz desterrada, de Fernando Salgado, e a
compilación de correspondencia Vinte e nove cartas de Lorenzo
Varela, ambos volumes publicados por Ediciós do Castro.
|
|