HOMENAXE
A LORENZO VARELA
[fragmento] |
[...]
Di Paul Valéry que toda a poesia é
didáctica, o que non quer decir que a poesia consista en pór en verso
as matérias do ensino, senón que debe ter unha transcendéncia
educativa. E isto ainda que se presente dando tombos como os do
mariñeiro borracho que sai dunha taberna; por certo, que un mariñeiro
nesas condicións, se ten grácia e lembranzas, se canta ben no meio dun
porto lonxano os cantares da nenez, é un poema vivo con enorme poder
didáctico. Di-nos o que vale a grácia, o que vale un home, o que valen
as lembranzas e cal é o xeito de cubrir coas palabras e os cantares as
distáncias. Xa que logo, atribuír-lle esta mestria a Lorenzo, e con
ela asociar-lle un certo didactismo, non quer decir que el tivese a
intención imediata, direita, de ensinar nada en verso; é que o seu
saber, a sua sabedoria profunda, como a dos labradores, xurdia dos seus
versos e era ao mesmo tempo fundamento deles.
[...]
Palabras
pronunciadas no Ateneo da Coruña o 25 de Abril de 1979 e
recollidas en
Rafael Dieste, Encontros e Vieiros (ed. e limiar de
Arturo Casas), Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1990
. |
|