Vermello a destempo semella unha lacra
Revolucionario a golpe de versos conleva
sanguentas realidades
Homes anclados nas tebras, envexan a liberdade do vento
O mañá pechado nun puño navega cara ao éxodo
Vexetais sen luz finan tralas rexas
Cor vermella, inxustamente trócase en tristes cemiterios
para pobres desherdados, excusa, remedio dos estúpidos
impor a súa lei en cor dunha granada
Verbas prohibidas, prohibido
pensar...
Alén do mar, ceibes pombas cuspen palabras
Alexandro, Xesús, Roberto... perdestes a liberdade
na España dos dous bandos
Informes de mortes a rente
das estradas
Fronte a fronte irmáns, un tiro no peito
escuro terror xermina na terra en nome da patria
Alén do mar,
óense queixumes dun poeta exiliado
|