A imaxinación


     «A imaxinación está amparada pola inocencia e pola memoria, e non é esa cousa tan insípida en que a convertiron os buscadores de rarezas, que nunca comprenderán que un dos pintores de máis imaxinación é o "realista" Velázquez. Todo o imaxinado é verdadeiro, porque unha das características da imaxinación é ver



    
«Non hai obra de arte sen imaxinación. É a forza imaxinativa a que dá serenidade ou movemento, quietismo ou dinamismo, existencia, a un cadro.
     Da forza imaxinativa do artista depende até a fidelidade mesma do retrato [...] Un artista sen imaxinación é tan despropositado como un barco que quixese navegar nunha rúa de cimento, pois sen imaxinación non hai realidade.»




«Actualidad de la obra crítica de Baudelaire», prólogo a Charles Baudelaire
(Selección, traducción y prólogo por Lorenzo Varela)
, Poseidón, Bos Aires, 1943. [Tradución da Biblioteca Virtual Galega]

© 2005 Biblioteca Virtual Galega